Dar coa palabra

libro-collage-1_21273173

O obxectivo principial é profundar na escrita de poesía dende diversos enfoques. perderlle medo, á páxina en branco e á nosa propia voz, o noso estilo.

Traballar a honestidade e a claridade na palabra , que é quizais un xeito de traballar a honestidade e a claridade das ideas. Dende unha sintaxe que morde, acadar ideas que mordan.

Xunto a esa escrita vai a parte indispensable de lecturas, tanto de textos propios como textos clásicos, dende poesía contemporánea europea, galega, latinoamericana e norteamericana.

O recital ten como finalidade traballar a contundencia no noso propio discurso unha vez que se converte en palabra falada.

Programa

0.1 Poesía clásica: buscando chegar ao fondo sen perder as formas.

0.2 A ruptura: verso libre non significa perder son.

0.3 Prosa poética. Haiku.

0.4 Río de inspiración, factoría de estímulos, laboratorio de estilo. A literatura ten que morder.

0.5 Novos soportes. Twitteratura, literatura dixital, libros colectivos, revistas de creación, publicidade, audiovisual. Poesía e ciencia.

1.1 Recital poético cos traballos dos alumnos

Metodología

O taller consistiría por unha banda no achegamento aos estímulos poéticos [os contidos] e por outra ás técnicas de escrita de poemas [as formas], dende as formas clásicas até fragmentos de prosa poética contemporáneos. Sempre dende unha perspectiva conciliadora, facendo da expresión poética non un sesudo tratado senón un traballo coa palabra que é válido para calquera, con ou sen formación. Buscamos esa torsión especial da linguaxe, ese punto de equilibrio entre disciplina e loucura, que aporta luz, ideas novas, se aceptamos que en expresións novas agóchanse tamén novas formas de ver o mundo.

O núcleo central estaría conformado polo traballo de escrita de poemas propios así como de lectura [tanto textos galegos como doutras literaturas] escollidos pola conductora do obradoiro. 

Así mesmo, un recital conxunto poñería punto final aos meses de traballo.

Plazas limitadas a 15
Fecha límite de inscripción 30 de septiembre de 2014

Estíbaliz Espinosa

maroladadoris2Escritora e músico. Licenciada en  Filoloxía Hispánica e Socioloxía.

Publicou varios libros de poesía, o máis recente:  papel a punto de [El Gaviero, 2011]. Entre os premios que recibiu a súa obra atópanse o Esquío ou o Espiral Maior. Publica no seu blog artigos, relatos e traducións: …mmmm… [www.estibalizes.wordpress.com] e Abra la cápsula, por favor [www.estibaliz.wordpress.com].

Froito do seu interese pola fusión literaria coa ciencia e as novas tecnoloxías na rede, organiza o ciclo Pinte un bisonte na caverna, por favor [2008], escrita no ceo [Planetario, 2014] ou Cantos dende a marxe [Teatro Colón, 2013].  Colabora en Soños de Robots, lecturas e ciencia-ficción e robótica [Muncyt, 2014], canda Joana Magalhães.

Ficha do curso

Horario
 Luns, de 18 a 20 horas
Duración
 Oct-Dic.
Precio
60/mes socios – 80 /mes non socios
Trae a un amigo teu a este ou a outro taller e só che custará 45 / cada mes
Consulta os nosos descontos para desempregados,menores de 35 anos e xubilados

Anuncios

Un comentario en “Dar coa palabra

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s