Entreliñas

1IMG_4050

Sempre que nos atopamos diante dunha porta temos varios camiños.

Axeonllarnos para mirar polo ollo da fechadura e ver o qué se agocha detrás, utilizar un martelo ou as ferramentas inadecuadas para entra nun lugar á forza, ou empregar un artificio e a astucia para facer que a chave xire suavemente dentro do cerrollo e dese xeito, a porta abrírase soa diante de nós.

Nestes momentos eu sosteño na miña man dereita unha chave imaxinaria. A súa forma dentada pode ser unha cadea montañosa, o perfil dunha cidade, un raio, o debuxo dun sismógrafo, un gráfico da Bolsa ou o garabato dun moribundo. Ti qué queres que sexa?

O noso propósito é que ó final deste curso teñas moitas e diferentes chaves para que dende unha aprendizaxe dinámica e colectiva, e partindo de conceptos complexos podamos acadar solucións sinxelas e máis comprensibles para afrontar con certos coñecementos o proceso de creación literaria.

Non temos unha única visión ou modelo a imitar, non damos fórmulas máxicas nin solucións pechadas.Afrontaremos a aprendizaxe dende o traballo en conxunto, participativo e asociado ó desfrute, sen nervios, presións ou vergoñas.

Lembra unha cousa; todo o que desexas está máis aló dos medos.

Queres saber máis? Para iso é preciso un salvaconducto, un contrasinal un “santo y seña”… O primeiro día haberá que traer unha historia por escrito, ou para os máis perguiceiros, tamén valería contada. Ten que ser unha historia curta dun antepasado familiar, e que teña un 50% de realidade e un 50% de ficción. Todos temos nas nosas vidas historias fascinantes.

Cortázar dicía “Yo parezco haber nacido para no aceptar las cosas tal y como me son dadas…”

E ti, para qué naciches?

Ficha do curso

Horario
 Luns de 20:30 a 22:30 horas
Duración
 Febrero a Mayo do 2014
Precio
60/mes socios – 80 /mes non socios
Trae a un amigo teu a este ou a outro taller e só che custará 45 / cada mes
Consulta os nosos descontos para desempregados,menores de 35 anos e xubilados

Sandra Mosteiro Costa

Licenciada en Dereito e exerce a súa profesión coma Procuradora nesta cidade. Vencellada ó mundo literario dende pequena, tece as súas primeiras historias dende un recuncho da cociña materna. A partir dese momento, a vida, xa non será o que se vive. A vida, para ela, será definitivamente o que se conta.

Nos derradeiros tres anos, está vencellada de forma inenterrompida a Polisemias traballando nun proxecto  persoal.

bt-apuntame

Anuncios

Un comentario en “Entreliñas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s